Saltar ao contido principal

Publicacións

TALLER DE CÓMIC

Na pantalla do instituto anunciamos a actividade que a modo experimental incluímos no club de lectura. Este ano invitamos á profesora Laura Iglesias (debuxante e profesora de Galego e de Plástica) a impartir un pequeno taller de cómic aos nosos alumnos do club. Explicounos cousas interesantes sobre a linguaxe do cómic, as súas convencións, os pequenos trucos para debuxar escenas adaptadas de novelas más extensas... Fixemos algunha práctica aínda que o noso non é o debuxo, pero intentámolo. Vimos novelas como O diario de Anna Frank, A metamorfose, Matar un reiseñor, e os cómic baseados nelas que temos na nosa biblioteca para observar as diferenzas e como se poden recrear algunhas pasaxes importantes en viñetas. [gallery ids="284,283,278,289,294,287,271,300,299,286,298,297,291,292,290,277,279,266" type="rectangular"] En agradecemento, fixémola un pequeno agasallo, entre outras cousas, porque xa nos fixera un cartel cando tratamos no cinefórum a película  A tartaruga v...

DÍA DE SAN VALENTÍN

Este ano o alumnado do club de lectura repartíu polas aulas poemiñas de amor no Día de San Valentín. Seleccionamos, coa axuda dalgúns profesores e profesoras de Lingua castelá e Lingua galega, os textos que ían repartir e ler en clase. Tivo boa acollida entre os agasallados. Creamos tres documentos: un para o 1º ciclo de ESO, outro para o 2º ciclo, outro para bacharelatos e ciclos formativos, e ademáis deron un poema en galego e outro en castelán ao profesor ou á profesora que se encontraba na aula naquel intre do reparto. Velaquí algunhas imaxes de exemplo.      Algúns dos poemas foron estes: Existían sus manos Un día el mundo se quedó en silencio; los árboles, arriba, eran hondos y majestuosos, y nosotros sentíamos bajo nuestra piel el movimiento de la tierra. Tus manos fueron suaves en las mías y yo sentí la gravedad y la luz y que vivías en mi corazón. Todo era verdad bajo los árboles, todo era verdad. Yo comprendía todas las cosas como se comprende un fruto con la boca, una luz co...

Grupo de 4º e bacharelato

Hoxe comentamos  O gran Gatsby , coa axuda dun power point con imaxes alusivas á época para poder ter as claves que nos permitisen entender ben a novela,  todo un clásico que non podemos esquecer. Fixemos unhas fotos da sesión e vimos un video sobre o crack do 29, moi interesante.   [gallery ids="175,176" type="rectangular"] Aquí vos deixamos tamén material relacionado coa lectura, que o disfrutedes! [slideshare id=125885655&doc=elgrangatsby-181214105951]   A seguinte lectura foi a novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses . Deixamos a presentación que a profesora Raquel Rodríguez fixo para provocar o comentario do libro: [slideshare id=151611774&doc=oxardineirodosingleses-190624212135]          

Grupo de 3º y 4º de ESO

PRESENTACIÓN : A segunda lectura que fixemos neste club, despois de Reencontro de Fred Uhlman, que nos deleitou coa súa preciosa historia de amistade,  foi a novela policíaca e de misterio de María Oruña,  Puerto escondido. Podemos ver o   video de presentación da novela   da editorial Planeta pinchando nel (só dura 56 segundiños). Esta novela é a primeira da súa triloxía: serie dos libros de Puerto escondido, formada por: Puerto escondido (2015), Un lugar a donde ir (2017) e D onde fuimos invencibles (2018).  En todas elas hai un equipo de investigación que lidera a teniente da Guardia Civil, Valentina Redondo. Na páxina web da autora fálanos deste libro. Nela podemos ver moitas cousas interesantes; só tedes que pinchar no enlace seguinte: Puerto escondido. Entrando na páxina vemos: un roteiro literario polos sitios nos que está ambientada a novela en Cantabria. escoitar a banda sonora da novela, que nos axuda a seguir as pistas da intriga. fotos dos lugares de localización ...

2º encontro dos clubs de lectura

CURSO 2018-2019

COMEZAMOS!!! Empezamos o curso con novos clubs de lectura. Xa repartimos os libros que leremos para o próximo encontro, que será o día 6 de novembro; estes son os títulos: Campos de fresa, de Jordi Sierra i Fabra, para os nenos e nenas de 1º de ESO A fórmula preferida do profesor , de Yoko Owaga,  cos de 2º de ESO Reencontro , de Fred Uhlman, no club de 3º e 4º de ESO El gran Gatsby ,  de Scott Fitzgerald, cos maiores de bacharelato e algúns de 4º de ESO Algúns fixéronse unha foto co libro que se pode ver aquí. [gallery ids="158,161,165,163" type="slideshow"] Outros libros que leremos nos distintos clubs: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa La evolución de Calpurnia Tate, de Jacquelline Tate Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias Puerto escondido, de María Oruña Alicia en el País de las Maravillas, de Lewis Carroll Persona normal, de Benito Taibo El niño en la cima de la montaña, de ...

Lista de lecturas 17-18

Estes son os libros lidos no curso: 1ºESO: – Grupo I: Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra i Fabra (castelán); A vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas (galego); Donde aprenden a volar las gaviotas, de Ana Alcolea (castelán); – Grupo II: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); O neno co pixama a raias (en galego e en castelán); A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcellos (galego); Las ventajas de ser un marginado, de Stehen Chobsky (castelán); La selección, de Kiera Kass (castelán) – Grupo III: Donde aprenden a volar las gaviotas, de Ana Alcolea (castelán); A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville (galego); El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (galego) 2º ESO: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); La fórmula preferida del profesor, de Yoko Owaga (castelán); O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon (galego); A caixiña dos rancor...