Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Cando ti me chamas zorra eu entendo adrede outra cousa

Hai unhas semanas a palabra zorra foi unha das máis buscadas no dicionario da Real Academia Galega debido a este capítulo do Dígocho eu . No entanto, o alumnado que forma parte do club de lectura de 3º de ESO do IES Ribeira do Louro xa coñecía o significado desta palabra en galego grazas a un poema de Carlos Negro do seu libro Aplicación instantánea , o primeiro que lemos durante este curso no club. Esperamos que vos guste tanto como a nós. 😊 Xa tardabas, ho. En canto unha moza che leva a contraria, disparas. Pero non creas que me arredo. Porque aprendín a vivir noutro idioma e cando ti me chamas  zorra coma quen cospe un esgarro eu entendo adrede outra cousa e subo lixeira nese carriño con esquís que me leva montaña abaixo lonxe moi lonxe de ti, como unha Heidi feliz que non precisa dun Pedro feroz.  

POESÍA DE GUERRILLA!!!

21 marzo, Día Internacional da Poesía

  Hoxe non é un día común, pois de marzo é o vinte un, o día internacional da poesía, a arte que pon rima á fantasía. Deséxavos o club de lectura fermosos anacos de literatura, que as musas enchan de poesía cada momento, cada travesía.