Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

TALLER DE CÓMIC

Na pantalla do instituto anunciamos a actividade que a modo experimental incluímos no club de lectura. Este ano invitamos á profesora Laura Iglesias (debuxante e profesora de Galego e de Plástica) a impartir un pequeno taller de cómic aos nosos alumnos do club. Explicounos cousas interesantes sobre a linguaxe do cómic, as súas convencións, os pequenos trucos para debuxar escenas adaptadas de novelas más extensas... Fixemos algunha práctica aínda que o noso non é o debuxo, pero intentámolo. Vimos novelas como O diario de Anna Frank, A metamorfose, Matar un reiseñor, e os cómic baseados nelas que temos na nosa biblioteca para observar as diferenzas e como se poden recrear algunhas pasaxes importantes en viñetas. [gallery ids="284,283,278,289,294,287,271,300,299,286,298,297,291,292,290,277,279,266" type="rectangular"] En agradecemento, fixémola un pequeno agasallo, entre outras cousas, porque xa nos fixera un cartel cando tratamos no cinefórum a película  A tartaruga v