Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta curso 2020/21

GRAZAS, compañeiros/as

Quero dedicar a última entrada neste blog pola miña parte como coordinadora do club de lectura para dar as grazas aos profesores e profesoras que animáronse a levar un grupo de lectura neste curso tan difícil. Grazas polo voso tempo, a vosa paciencia e o voso bo facer. Sen vós o club de lectura non existise. D eséxovos a mellor das sortes no vindeiro curso. Bon verán e boas lecturas!

Lectura dramatizada de Dormente

 O pasado martes, 15 de xuño, o alumnado do club de lectura de 1ºESO, 34 rapaces e rapazas, fixeron unha lectura dramatizada da adaptación titulada "Dormente en pezas faladas", da obra teatral "Dormente", da autora Raquel Castro. Ao remate, os actores e actrices e tamén o público, tiveron un encontro coa autora no que debatiron as inquenzas polos significados dunah escrita que deconstrúe os tópicos das ensinanzas dos contos tradicionais dende unha perspectiva de xénero chea de humor e ironía.

GRUPO DE LECTURA INCLUSIVA, 2º ESO

Os integrantes do grupo do club de lectura de 2º ESO de lecturas inclusivas leron o libro nós outras , de Marica Campo e Menchu Lamas neste terceiro trimestre.  O libro gustounos moito e deunos moito xogo para falar sobre diversidade e inclusión. A obra contén 12 poemas que son un canto contra o racismo, a transfobia ou a desigualdade de xénero, entre outros temas.  Para darlle visibilidade á temática do libro propuxéronse dous proxectos diferentes. Un consistía en gabar un vídeo recitando algún dos poemas. O vídeo máis orixinal o fixo Carla Díaz, de 2º ESO C, que empregou figuriñas de lego. O segundo proxecto pretendía retomar os poemas de Marica Campo e reproducir a diversidade que presentan dun xeito orixinal e visual. A idea era caracterizar unhas brochas coma se foran persoas, diferentes en raza, idade, capacidades, etnia, xénero...pero mostrando que todas ‘pintan algo’. O conxunto final colgouse nun no corredor do centro para que todo o alumnado e profesorado puideran ve...

OS XELIÑAS, autorretratos de Xela Arias

 O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.

ANIMACIÓN Á LECTURA CON THE BEATLES

Para o Día do Libro presentouse este proxecto cooperativo. Trátase da famosa canción Yellow Submarine pero versionada. O club de lectura cambiou a letra orixinal por outra que anima á lectura. O alumnado de música de 3º ESO, xunto coa súa profesora África Álvarez, encargouse da parte instrumental e o alumnado de 1º BACH da parte vocal. Agardamos que vos guste.

ANIMACIÓN Á LECTURA CON THE POLICE

Para o Día do Libro presentouse este proxecto cooperativo. Trátase da famosa canción Every breath you take pero versionada. O club de lectura cambiou a letra orixinal por outra que anima á lectura e o alumnado de 4º, xunto coa a súa profesora de música, África Álvarez, interpretou a canción, tanto a parte instrumental como a vocal. Agardamos que vos guste.

CLÁSICOS EN PANDEMIA- DEPARTAMENTO DE LENGUA ESPAÑOLA

 Pinchad sobre la imagen para ir a los vídeos directamente. Hay tres imágenes. En la primera están los trabajos de 1ºBACH, en la segunda de 3º ESO y en la última los vídeos del alumnado de 1º y 4º ESO. Todos estos vídeos forman parte del proyecto Clásicos en Pandemia en el que le Club de Lectura participó activamente para celebrar el Día del Libro 2021. Your browser does not support the video tag.

CLÁSICOS EN PANDEMIA-GALEGO

 Pincha sobra a imaxe para ir aos vídeos que o alumnado e o profesorado do centro fixeron en galego para o proxecto Clásicos en Pandemia, no que o Club de lectura participou activamente.  Your browser does not support the video tag.

Cando ti me chamas zorra eu entendo adrede outra cousa

Hai unhas semanas a palabra zorra foi unha das máis buscadas no dicionario da Real Academia Galega debido a este capítulo do Dígocho eu . No entanto, o alumnado que forma parte do club de lectura de 3º de ESO do IES Ribeira do Louro xa coñecía o significado desta palabra en galego grazas a un poema de Carlos Negro do seu libro Aplicación instantánea , o primeiro que lemos durante este curso no club. Esperamos que vos guste tanto como a nós. 😊 Xa tardabas, ho. En canto unha moza che leva a contraria, disparas. Pero non creas que me arredo. Porque aprendín a vivir noutro idioma e cando ti me chamas  zorra coma quen cospe un esgarro eu entendo adrede outra cousa e subo lixeira nese carriño con esquís que me leva montaña abaixo lonxe moi lonxe de ti, como unha Heidi feliz que non precisa dun Pedro feroz.  

POESÍA DE GUERRILLA!!!

  O obradoiro de banda deseñada programado para o vindeiro mércores 27 queda posposto por mor da ausencia dunha ponente. A nova data está aínda por determinar. 

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

O cómic é unha linguaxe plástica e máis literaria que narra a realidade ou que transmite mundos de fantasía. Este obradoiro céntrase no aspecto creativo do cómic, aprendendo todos os pasos para crear a nosa propia banda deseñada co fin de narrar os feitos máis salientábeis da vida da escritora Xela Arias. O produto final será publicado na revista Órbita e compartido con toda a comunidade educativa o día das letras galegas, 17 de Maio. A actividade está a cargo de: Laura Iglesias , profesora de galego e educación plástica. Matías Rodríguez , profesor de galego e de portugués O obradoiro ten unha duración de 4 horas, repartidas en dúas sesións: 1ª sesión: mércores 27 de Xaneiro 2021 de 15:30 a 17:30 2ª sesión: mércores 3 de Febreiro 2021 de 15:30 a 17:30 O alumnado quedará a comer no patio do centro. Respectaranse as medidas sanitarias establecidas pola comisión anticovid. Deixamos unha ligazón sobre banda deseñada en Galicia para abrir a boca:  BANDA DESEÑADA 

LECTURA FÁCIL ONLINE

Hoxe quero compartir dúas ligazóns a páxinas nas que atoparás moitas lecturas para descargar de xeito legal de ou ler online. Son lecturas accesibles para todos/as. Asociación Lectura Fácil Planeta Fácil

DIVERSIDADE e DIVERSIÓN

Vos deixo un enlace á colección da ONCE sobre rapaces e rapazas e as súas aventuras. Ah, certo! Os/as protagonistas teñen algunha discapacidade, polo que podemos aprender a entender mellor a diversidade da xente coa que vivimos, estudamos ou traballamos. http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/gl/home.html

Club de lectura curso 2020-21

Por fin saíu a convocatoria para os clubs de lectura deste curso. No noso centro xa nos adiantamos e xa fomos formando os distintos grupos e pensando as diferentes actividades. Ao final, este ano imos contar con 11 grupos de lectura. Gracias ao alumnado por animarse e, sobre todo, ao profesorado implicado por regalarnos o seu tempo e esforzo.

Lectura en vivo por Samaín

O martes o grupo de 1ºESO D do club de lectura leu unha selección de contos de terror na biblioteca do centro. Aquí tedes un pequeno video da actividade.