Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta obradoiros

GRUPO DE LECTURA INCLUSIVA, 2º ESO

Os integrantes do grupo do club de lectura de 2º ESO de lecturas inclusivas leron o libro nós outras , de Marica Campo e Menchu Lamas neste terceiro trimestre.  O libro gustounos moito e deunos moito xogo para falar sobre diversidade e inclusión. A obra contén 12 poemas que son un canto contra o racismo, a transfobia ou a desigualdade de xénero, entre outros temas.  Para darlle visibilidade á temática do libro propuxéronse dous proxectos diferentes. Un consistía en gabar un vídeo recitando algún dos poemas. O vídeo máis orixinal o fixo Carla Díaz, de 2º ESO C, que empregou figuriñas de lego. O segundo proxecto pretendía retomar os poemas de Marica Campo e reproducir a diversidade que presentan dun xeito orixinal e visual. A idea era caracterizar unhas brochas coma se foran persoas, diferentes en raza, idade, capacidades, etnia, xénero...pero mostrando que todas ‘pintan algo’. O conxunto final colgouse nun no corredor do centro para que todo o alumnado e profesorado puideran ve...

BANDA DESEÑADA CON ELENA

  O Martes 23 de Febreiro celebrouse a primeira sesión do Obradoiro de Banda Deseñada. A relatora foi a profesora e artista Elena Gómez Dahlgren. Explicounos moitas cousas sobre a linguaxe estética do mundo do cómic e mostrounos exemplos. Tamén nos prestou uns cómics dos anos 80 da súa colección particular e, por supostos, púxonos a traballar. Vídeo da sesión
 O pasado martes celebrouse a sesión preparatoria para participar no obradoiro de banda deseñada. O profesor Matías Rodríguez falounos de Xela Arias, contounos feitos, aspectos e datos moi interesantes e tamén animouse a recitar algún que outro poema da autora. Estamos desexando que comece o obradoiro o próximo 23 de febreiro. alumnado do club de lectura de 1º ESO
  O obradoiro de banda deseñada programado para o vindeiro mércores 27 queda posposto por mor da ausencia dunha ponente. A nova data está aínda por determinar. 

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

O cómic é unha linguaxe plástica e máis literaria que narra a realidade ou que transmite mundos de fantasía. Este obradoiro céntrase no aspecto creativo do cómic, aprendendo todos os pasos para crear a nosa propia banda deseñada co fin de narrar os feitos máis salientábeis da vida da escritora Xela Arias. O produto final será publicado na revista Órbita e compartido con toda a comunidade educativa o día das letras galegas, 17 de Maio. A actividade está a cargo de: Laura Iglesias , profesora de galego e educación plástica. Matías Rodríguez , profesor de galego e de portugués O obradoiro ten unha duración de 4 horas, repartidas en dúas sesións: 1ª sesión: mércores 27 de Xaneiro 2021 de 15:30 a 17:30 2ª sesión: mércores 3 de Febreiro 2021 de 15:30 a 17:30 O alumnado quedará a comer no patio do centro. Respectaranse as medidas sanitarias establecidas pola comisión anticovid. Deixamos unha ligazón sobre banda deseñada en Galicia para abrir a boca:  BANDA DESEÑADA