Saltar ao contido principal

Grupo de 3º y 4º de ESO

PRESENTACIÓN :


A segunda lectura que fixemos neste club, despois de Reencontro de Fred Uhlman, que nos deleitou coa súa preciosa historia de amistade,  foi a novela policíaca e de misterio de María Oruña, Puerto escondido. Podemos ver o video de presentación da novela  da editorial Planeta pinchando nel (só dura 56 segundiños).


Esta novela é a primeira da súa triloxía: serie dos libros de Puerto escondido, formada por: Puerto escondido (2015), Un lugar a donde ir (2017) e Donde fuimos invencibles (2018).  En todas elas hai un equipo de investigación que lidera a teniente da Guardia Civil, Valentina Redondo.


Na páxina web da autora fálanos deste libro. Nela podemos ver moitas cousas interesantes; só tedes que pinchar no enlace seguinte: Puerto escondido.


Entrando na páxina vemos:




  • un roteiro literario polos sitios nos que está ambientada a novela en Cantabria.

  • escoitar a banda sonora da novela, que nos axuda a seguir as pistas da intriga.

  • fotos dos lugares de localización da trama.

  • ler o que está publicado sobre a novela nos distintos medios de comunicación.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS XELIÑAS, autorretratos de Xela Arias

 O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.