Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Grupo de 4º e bacharelato

Hoxe comentamos  O gran Gatsby , coa axuda dun power point con imaxes alusivas á época para poder ter as claves que nos permitisen entender ben a novela,  todo un clásico que non podemos esquecer. Fixemos unhas fotos da sesión e vimos un video sobre o crack do 29, moi interesante.   [gallery ids="175,176" type="rectangular"] Aquí vos deixamos tamén material relacionado coa lectura, que o disfrutedes! [slideshare id=125885655&doc=elgrangatsby-181214105951]   A seguinte lectura foi a novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses . Deixamos a presentación que a profesora Raquel Rodríguez fixo para provocar o comentario do libro: [slideshare id=151611774&doc=oxardineirodosingleses-190624212135]          

Grupo de 3º y 4º de ESO

PRESENTACIÓN : A segunda lectura que fixemos neste club, despois de Reencontro de Fred Uhlman, que nos deleitou coa súa preciosa historia de amistade,  foi a novela policíaca e de misterio de María Oruña,  Puerto escondido. Podemos ver o   video de presentación da novela   da editorial Planeta pinchando nel (só dura 56 segundiños). Esta novela é a primeira da súa triloxía: serie dos libros de Puerto escondido, formada por: Puerto escondido (2015), Un lugar a donde ir (2017) e D onde fuimos invencibles (2018).  En todas elas hai un equipo de investigación que lidera a teniente da Guardia Civil, Valentina Redondo. Na páxina web da autora fálanos deste libro. Nela podemos ver moitas cousas interesantes; só tedes que pinchar no enlace seguinte: Puerto escondido. Entrando na páxina vemos: un roteiro literario polos sitios nos que está ambientada a novela en Cantabria. escoitar a banda sonora da novela, que nos axuda a seguir as pistas da intriga. fotos dos lugares de localización

2º encontro dos clubs de lectura