Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

GRAZAS, compañeiros/as

Quero dedicar a última entrada neste blog pola miña parte como coordinadora do club de lectura para dar as grazas aos profesores e profesoras que animáronse a levar un grupo de lectura neste curso tan difícil. Grazas polo voso tempo, a vosa paciencia e o voso bo facer. Sen vós o club de lectura non existise. D eséxovos a mellor das sortes no vindeiro curso. Bon verán e boas lecturas!

Lectura dramatizada de Dormente

 O pasado martes, 15 de xuño, o alumnado do club de lectura de 1ºESO, 34 rapaces e rapazas, fixeron unha lectura dramatizada da adaptación titulada "Dormente en pezas faladas", da obra teatral "Dormente", da autora Raquel Castro. Ao remate, os actores e actrices e tamén o público, tiveron un encontro coa autora no que debatiron as inquenzas polos significados dunah escrita que deconstrúe os tópicos das ensinanzas dos contos tradicionais dende unha perspectiva de xénero chea de humor e ironía.

GRUPO DE LECTURA INCLUSIVA, 2º ESO

Os integrantes do grupo do club de lectura de 2º ESO de lecturas inclusivas leron o libro nós outras , de Marica Campo e Menchu Lamas neste terceiro trimestre.  O libro gustounos moito e deunos moito xogo para falar sobre diversidade e inclusión. A obra contén 12 poemas que son un canto contra o racismo, a transfobia ou a desigualdade de xénero, entre outros temas.  Para darlle visibilidade á temática do libro propuxéronse dous proxectos diferentes. Un consistía en gabar un vídeo recitando algún dos poemas. O vídeo máis orixinal o fixo Carla Díaz, de 2º ESO C, que empregou figuriñas de lego. O segundo proxecto pretendía retomar os poemas de Marica Campo e reproducir a diversidade que presentan dun xeito orixinal e visual. A idea era caracterizar unhas brochas coma se foran persoas, diferentes en raza, idade, capacidades, etnia, xénero...pero mostrando que todas ‘pintan algo’. O conxunto final colgouse nun no corredor do centro para que todo o alumnado e profesorado puideran velo.