Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 3º ESO

ANIMACIÓN Á LECTURA CON THE BEATLES

Para o Día do Libro presentouse este proxecto cooperativo. Trátase da famosa canción Yellow Submarine pero versionada. O club de lectura cambiou a letra orixinal por outra que anima á lectura. O alumnado de música de 3º ESO, xunto coa súa profesora África Álvarez, encargouse da parte instrumental e o alumnado de 1º BACH da parte vocal. Agardamos que vos guste.

Cando ti me chamas zorra eu entendo adrede outra cousa

Hai unhas semanas a palabra zorra foi unha das máis buscadas no dicionario da Real Academia Galega debido a este capítulo do Dígocho eu . No entanto, o alumnado que forma parte do club de lectura de 3º de ESO do IES Ribeira do Louro xa coñecía o significado desta palabra en galego grazas a un poema de Carlos Negro do seu libro Aplicación instantánea , o primeiro que lemos durante este curso no club. Esperamos que vos guste tanto como a nós. 😊 Xa tardabas, ho. En canto unha moza che leva a contraria, disparas. Pero non creas que me arredo. Porque aprendín a vivir noutro idioma e cando ti me chamas  zorra coma quen cospe un esgarro eu entendo adrede outra cousa e subo lixeira nese carriño con esquís que me leva montaña abaixo lonxe moi lonxe de ti, como unha Heidi feliz que non precisa dun Pedro feroz.