Saltar ao contido principal

Cando ti me chamas zorra eu entendo adrede outra cousa


Hai unhas semanas a palabra zorra foi unha das máis buscadas no dicionario da Real Academia Galega debido a este capítulo do Dígocho eu. No entanto, o alumnado que forma parte do club de lectura de 3º de ESO do IES Ribeira do Louro xa coñecía o significado desta palabra en galego grazas a un poema de Carlos Negro do seu libro Aplicación instantánea, o primeiro que lemos durante este curso no club. Esperamos que vos guste tanto como a nós. 😊

Xa tardabas, ho.
En canto unha moza che leva a contraria,
disparas.
Pero non creas que me arredo.
Porque aprendín a vivir noutro idioma
e cando ti me chamas zorra
coma quen cospe un esgarro
eu entendo adrede outra cousa
e subo lixeira
nese carriño con esquís
que me leva montaña abaixo
lonxe
moi lonxe
de ti,
como unha Heidi feliz
que non precisa dun Pedro feroz.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS XELIÑAS, autorretratos de Xela Arias

 O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.