Saltar ao contido principal

GRUPO DE LECTURA INCLUSIVA, 2º ESO

Os integrantes do grupo do club de lectura de 2º ESO de lecturas inclusivas leron o libro nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas neste terceiro trimestre.  O libro gustounos moito e deunos moito xogo para falar sobre diversidade e inclusión. A obra contén 12 poemas que son un canto contra o racismo, a transfobia ou a desigualdade de xénero, entre outros temas. Para darlle visibilidade á temática do libro propuxéronse dous proxectos diferentes. Un consistía en gabar un vídeo recitando algún dos poemas. O vídeo máis orixinal o fixo Carla Díaz, de 2º ESO C, que empregou figuriñas de lego. O segundo proxecto pretendía retomar os poemas de Marica Campo e reproducir a diversidade que presentan dun xeito orixinal e visual. A idea era caracterizar unhas brochas coma se foran persoas, diferentes en raza, idade, capacidades, etnia, xénero...pero mostrando que todas ‘pintan algo’. O conxunto final colgouse nun no corredor do centro para que todo o alumnado e profesorado puideran velo.

.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS XELIÑAS, autorretratos de Xela Arias

 O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.
  O obradoiro de banda deseñada programado para o vindeiro mércores 27 queda posposto por mor da ausencia dunha ponente. A nova data está aínda por determinar. 

21 marzo, Día Internacional da Poesía

  Hoxe non é un día común, pois de marzo é o vinte un, o día internacional da poesía, a arte que pon rima á fantasía. Deséxavos o club de lectura fermosos anacos de literatura, que as musas enchan de poesía cada momento, cada travesía.