Saltar ao contido principal

ANIMACIÓN Á LECTURA CON THE BEATLES

Para o Día do Libro presentouse este proxecto cooperativo. Trátase da famosa canción Yellow Submarine pero versionada. O club de lectura cambiou a letra orixinal por outra que anima á lectura. O alumnado de música de 3º ESO, xunto coa súa profesora África Álvarez, encargouse da parte instrumental e o alumnado de 1º BACH da parte vocal. Agardamos que vos guste.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

EQUIPO DA BIBLIOTECA IES RIBEIRA DO LOURO, curso 2020/21

Coñece ao equipo da biblioteca do teu centro.

Visitas e roteiros literarios

Fixemos dúas rutas relacionadas co libro: unha en Vigo, onde visitamos a Biblioteca Penzol e a editorial Galaxia, e outra na Coruña, onde pasamos un bo día coñecendo a Real Academia Galega e alí mesmo a casa da autora Emilia Pardo Bazán; despois fomos ata o Arquivo Histórico do Reino de Galicia, onde atopamos moita información de cousas e xente que ben poderían axudar a crear unha novela... e vimos como se poden recuperar arquivos ou libros que están moi deteriorados polo paso do tempo... [gallery ids="117,119,120,121" type="rectangular"]

UNHA MULLER UNHA FLOR

  O club de lectura uniuse á actividade 'Unha muller, unha flor' para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero.