Saltar ao contido principal

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA


O cómic é unha linguaxe plástica e máis literaria que narra a realidade ou que transmite mundos de fantasía. Este obradoiro céntrase no aspecto creativo do cómic, aprendendo todos os pasos para crear a nosa propia banda deseñada co fin de narrar os feitos máis salientábeis da vida da escritora Xela Arias. O produto final será publicado na revista Órbita e compartido con toda a comunidade educativa o día das letras galegas, 17 de Maio.

A actividade está a cargo de:

Laura Iglesias, profesora de galego e educación plástica.

Matías Rodríguez, profesor de galego e de portugués

O obradoiro ten unha duración de 4 horas, repartidas en dúas sesións:

1ª sesión: mércores 27 de Xaneiro 2021 de 15:30 a 17:30

2ª sesión: mércores 3 de Febreiro 2021 de 15:30 a 17:30

O alumnado quedará a comer no patio do centro.

Respectaranse as medidas sanitarias establecidas pola comisión anticovid.

Deixamos unha ligazón sobre banda deseñada en Galicia para abrir a boca: 

BANDA DESEÑADA 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

OS XELIÑAS, autorretratos de Xela Arias

 O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.

GRUPO DE LECTURA INCLUSIVA, 2º ESO

Os integrantes do grupo do club de lectura de 2º ESO de lecturas inclusivas leron o libro nós outras , de Marica Campo e Menchu Lamas neste terceiro trimestre.  O libro gustounos moito e deunos moito xogo para falar sobre diversidade e inclusión. A obra contén 12 poemas que son un canto contra o racismo, a transfobia ou a desigualdade de xénero, entre outros temas.  Para darlle visibilidade á temática do libro propuxéronse dous proxectos diferentes. Un consistía en gabar un vídeo recitando algún dos poemas. O vídeo máis orixinal o fixo Carla Díaz, de 2º ESO C, que empregou figuriñas de lego. O segundo proxecto pretendía retomar os poemas de Marica Campo e reproducir a diversidade que presentan dun xeito orixinal e visual. A idea era caracterizar unhas brochas coma se foran persoas, diferentes en raza, idade, capacidades, etnia, xénero...pero mostrando que todas ‘pintan algo’. O conxunto final colgouse nun no corredor do centro para que todo o alumnado e profesorado puideran ve...