Saltar ao contido principal

Publicacións

Grupo de 4º e bacharelato

Hoxe comentamos  O gran Gatsby , coa axuda dun power point con imaxes alusivas á época para poder ter as claves que nos permitisen entender ben a novela,  todo un clásico que non podemos esquecer. Fixemos unhas fotos da sesión e vimos un video sobre o crack do 29, moi interesante.   [gallery ids="175,176" type="rectangular"] Aquí vos deixamos tamén material relacionado coa lectura, que o disfrutedes! [slideshare id=125885655&doc=elgrangatsby-181214105951]   A seguinte lectura foi a novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses . Deixamos a presentación que a profesora Raquel Rodríguez fixo para provocar o comentario do libro: [slideshare id=151611774&doc=oxardineirodosingleses-190624212135]          

Grupo de 3º y 4º de ESO

PRESENTACIÓN : A segunda lectura que fixemos neste club, despois de Reencontro de Fred Uhlman, que nos deleitou coa súa preciosa historia de amistade,  foi a novela policíaca e de misterio de María Oruña,  Puerto escondido. Podemos ver o   video de presentación da novela   da editorial Planeta pinchando nel (só dura 56 segundiños). Esta novela é a primeira da súa triloxía: serie dos libros de Puerto escondido, formada por: Puerto escondido (2015), Un lugar a donde ir (2017) e D onde fuimos invencibles (2018).  En todas elas hai un equipo de investigación que lidera a teniente da Guardia Civil, Valentina Redondo. Na páxina web da autora fálanos deste libro. Nela podemos ver moitas cousas interesantes; só tedes que pinchar no enlace seguinte: Puerto escondido. Entrando na páxina vemos: un roteiro literario polos sitios nos que está ambientada a novela en Cantabria. escoitar a banda sonora da novela, que nos axuda a seguir as pistas da intriga. fotos dos lugares de localización ...

2º encontro dos clubs de lectura

CURSO 2018-2019

COMEZAMOS!!! Empezamos o curso con novos clubs de lectura. Xa repartimos os libros que leremos para o próximo encontro, que será o día 6 de novembro; estes son os títulos: Campos de fresa, de Jordi Sierra i Fabra, para os nenos e nenas de 1º de ESO A fórmula preferida do profesor , de Yoko Owaga,  cos de 2º de ESO Reencontro , de Fred Uhlman, no club de 3º e 4º de ESO El gran Gatsby ,  de Scott Fitzgerald, cos maiores de bacharelato e algúns de 4º de ESO Algúns fixéronse unha foto co libro que se pode ver aquí. [gallery ids="158,161,165,163" type="slideshow"] Outros libros que leremos nos distintos clubs: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa La evolución de Calpurnia Tate, de Jacquelline Tate Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias Puerto escondido, de María Oruña Alicia en el País de las Maravillas, de Lewis Carroll Persona normal, de Benito Taibo El niño en la cima de la montaña, de ...

Lista de lecturas 17-18

Estes son os libros lidos no curso: 1ºESO: – Grupo I: Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra i Fabra (castelán); A vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas (galego); Donde aprenden a volar las gaviotas, de Ana Alcolea (castelán); – Grupo II: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); O neno co pixama a raias (en galego e en castelán); A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcellos (galego); Las ventajas de ser un marginado, de Stehen Chobsky (castelán); La selección, de Kiera Kass (castelán) – Grupo III: Donde aprenden a volar las gaviotas, de Ana Alcolea (castelán); A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville (galego); El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (galego) 2º ESO: El niño en la cima de la montaña, de John Boyne (castelán); La fórmula preferida del profesor, de Yoko Owaga (castelán); O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon (galego); A caixiña dos rancor...

Visitas e roteiros literarios

Fixemos dúas rutas relacionadas co libro: unha en Vigo, onde visitamos a Biblioteca Penzol e a editorial Galaxia, e outra na Coruña, onde pasamos un bo día coñecendo a Real Academia Galega e alí mesmo a casa da autora Emilia Pardo Bazán; despois fomos ata o Arquivo Histórico do Reino de Galicia, onde atopamos moita información de cousas e xente que ben poderían axudar a crear unha novela... e vimos como se poden recuperar arquivos ou libros que están moi deteriorados polo paso do tempo... [gallery ids="117,119,120,121" type="rectangular"]