O Martes 23 de Febreiro celebrouse a primeira sesión do Obradoiro de Banda Deseñada. A relatora foi a profesora e artista Elena Gómez Dahlgren. Explicounos moitas cousas sobre a linguaxe estética do mundo do cómic e mostrounos exemplos. Tamén nos prestou uns cómics dos anos 80 da súa colección particular e, por supostos, púxonos a traballar.
Hoxe non é un día común, pois de marzo é o vinte un, o día internacional da poesía, a arte que pon rima á fantasía. Deséxavos o club de lectura fermosos anacos de literatura, que as musas enchan de poesía cada momento, cada travesía.
O obradoiro de banda deseñada programado para o vindeiro mércores 27 queda posposto por mor da ausencia dunha ponente. A nova data está aínda por determinar.
O profesor Matías R. Datorre desenvolveu unha actividade con rapaces e rapazas do club de lectura de 1º ESO para fomentar a súa creatividade a través da poesía de Xela Arias. Invítovos a ver o vídeo do proceso e o resultado.
Comentarios
Publicar un comentario
Faga o seu comentario